A pontevedresa xa ten casa!

| |

Estamos felices de poder anunciar a importante nova de que a escola xa ten lugar fixo para desenvolver as súas actividades durante os próximos anos. As ideas sobre as que xira o noso proxecto, para e por os nenos e as nenas as que lle guste o fútbol, requieren dun espazo que non faga forza en contra da labor educativa que pretendemos. Grazas á xente de Xeve e á directiva dos Rápidos, pasaremos formar parte -mediante un convenio de colaboración xa asinado- do día a día das privilexiadas instalacións de Gatomorto, situadas nun entorno limpo e de fácil e rápido acceso para toda a xente de Pontevedra. A escola asume a responsabilidade con ilusión e seguirá levando a cabo as accións que claramente identifican a súa proposta:

  1. Promocionar, conservar e mellorar a saúde e benestar da xuventude de Pontevedra, en xeral, e de Xeve, en particular, completando o labor que se desenvolva con ela nos centros educativos.
  2. Manter en bó estado as instalacións onde teñan lugar as actividades e facer bó uso delas.
  3. Escoller ás persoas que estarán a cargo dos nenos e nenas, con responsabilidade e observando en todo momento os propósitos sinalados nos estatutos sociais da Escola de Fútbol Pontevedresa.
  4. No tocante a actividade principal, procurará no seu labor cotiá fomentar o coñecemento do fútbol xogo, engadindo que o sentido da protección da disposición do balón e o saber como utilizar esa situación serán elementos básicos da cultura de xogo propia da Escola de Fútbol Pontevedresa.
  5. Complementariamente, fomentar a construcción de valores baseados na igualdade e a solidaridade. Así, intervirá nas actividades sociais, solidarias, culturais, artísticas, científicas ou recreativas que acorden os seus órganos de goberno.
Previous

Fin de tempada!

Ideas para o confinamento

Next

Deja un comentario