Aula

Divídese este concepto de aula en dous elementos:

  • Queremos ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas da escola poidan pasar tempo nunha aula antes ou despois dos seus adestramentos xunto con compañeiros e compañeiras, en apoio ós seus deberes e tarefas escolares diarias. Permanentemente estaría presente nesta aula unha persoa con estudos en educación infantil e/ou primaria. A nosa tutora pedagóxica, Laura, encargarase de coordinar esta actividade. A idea e que a súa apertura teña lugar a partir de outubro sempre que teñamos un mínimo de solicitudes que aporten sentido a por a iniciativa en marcha. O custo desta actividade sería de 14 euros mensuais, a salvo dos mesmos descontos de posible aplicación as cuotas de actividade Fútbol Base.
  • Os adestradores e adestradores non sempre contan co tempo suficiente como para ademáis de proporlle o xogador ou xogadora cómo facer explicarlle o porqué. Pensamos que non está demáis que de vez en cando utilicemos o aula cos grupos de máis idade da escola para visualmente ofrecerlle a oportunidade de recoñecerse e pensar nun mesmo como ser que xoga.