Equipación básica 2019/20

A equipación propia do clube pode mercarse na tenda Goleada (Rúa Padre Fernando Olmedo, 4 – Baixo), onde é preciso acudir para realizar a tallaxe previa ao encargo do pack obrigatorio de roupa correspondente e engadidos opcionáis que poideran considerarse. Existe a posibilidade de pagar en dous prazos para toda aquela familia que o desexe. A roupa coa que xa se conte de cursos pasados será perfectamente válida esta nova tempada, non sendo necesario por tanto sustituila mentres poida ser empregada.

Queremos, tamén, que saibades que a escola non ten nin un solo euro de ganancia nestas vendas. Soamente nos encargamos de escoller a roupa e de negociar un prezo rebaixado por collela en conxunto. As prendas pódense mercar por separado pero o prezo podería ser algo superior dese xeito.

Persoas nacidas entre o 2006 e o 2011 (e todas aquelas do 2012 e 2013 que participen de adestramentos ao aire libre e -se cabe- da competición).

Se o alumno ou alumna soamente adestrase, deberá mercar o pack básico de adestramento II correspondente a este tramo de idade. Se tamén participase de competición federada, deberá engadirlle o pack básico de xogo.

[En azul, os prezos de venda ao público na web oficial da marca -sen engadir serigrafía, escudo nin gastos de envío- e os enlaces para observar a roupa e súa composición.]

Pack básico de adestramento II [90 €]:

Pack básico de xogo [12 €] :

Pack básico de adestramento Porteiros/as [53 €]:

Salvo en situacións onde claramente o alumno ou a alumna desexe xogar como gardameta, non recomendamos mercar o pack específico.

Persoas nacidas entre o 2012 e o 2016 que soamente adestren en pavillón

As persoas deste tramo de idade deberán mercar o pack básico de adestramento I, que se detalla de seguido.

Pack básico de adestramento I [55 €]: