Código de conducta

Consellos para pais e nais:

Comprenda, acepte e respecte o papel das persoas responsables da tarefa formativa na escola. Colabore con elas, non interfira nin substitúa as funcións que teñen asignadas, e nunca coloque ó seu fillo ou á súa filla na situación de ter que elixir entre vostede e elas. As diferenzas de criterio e de opinión pode plantexarllas ó director da escola no momento e lugar adecuados.

A repercusión que para o seu fillo ou filla ten calqueira éxito ou fracaso no deporte está influenciada en gran medida pola importancia e trascendencia que vostede lle de. Desta forma pode, aínda sen querelo, estar xerando nel ou nela unha presión innecesaria. Como alternativa, incentive no seu fillo ou na súa filla a mellora nas súas habilidades e destrezas como deportista, interésese por se disfruta facendo deporte, polas relacións que mantén cos outros rapaces e rapazas e co seu adestrador ou adestradora.

Coñeza e respecte o interese do seu fillo ou filla en que asista ós adestramentos ou ás competicións. Permita que él ou ela marque un pouco a pauta.

Permita ó seu fillo ou filla ser protagonista nas decisións que ten que tomar con respecto ó seu deporte: desde si quere ou non facer deporte, o tipo de deporte que quere practicar, o seu nivel de compromiso… ata o tipo de material deportivo, con qué compañeiros/as quere ter unha maior amizade, etc. Aprender a ter criterios propios, comprometerse e responsabilizarse de eles é sen dúbida unha cualidade de alto valor educativo.

Coñeza o deporte que practica o seu fillo/a. Isto vaille axudar a apreciar máis o deporte e a compartir máis cousas con él.

Axude ao seu fillo ou filla a ver a parte positiva daquelas ocasións nas que se sinta desanimado/a ou frustrado/a por non conseguir un determinado resultado positivo.

Eduque ao seu fillo ou filla co seu propio exemplo. Manter a calma, non perder a compostura, amosar unha relación cordial cos pais e nais doutros deportistas, cos/as árbitros/as, co/a propio/a adestrador/a, etc. Son comportamentos que “calan” no seu fillo/a e, desta maneira, é máis fácil para él/ela imitalos e actuar en consecuencia.

A súa participación no proyecto deportivo do seu fillo/a pode contribuir a unir máis á familia, a mellorar a relación entre os membros da mesma e a resaltar o significado e os beneficios da práctica deportiva.

De forma complementaria, os pais e nais deben entender que ocorrirá algo que valoren como desagradable ou pouco apetecible se a súa actitude ou o seu comportamento non son adecuados:

  • Se non colaboran en tarefas de organización dunha actividade deportiva, dita actividade non se realiza.
  • Se non facilitan a asistencia do seu fillo/a a unha actividade deportiva, o/a adestrador/a ou o/a responsable deportivo/a do clube chamaraos ou citaraos e preguntará o que sucedeu.
  • Se dan instruccións técnicas ao seu fillo/a nunha competición, o/a adestrador/a ou o/a responsable deportivo/a do clube citaraos para falar do ocorrido.
  • Se adoptan actitudes e comportamentos negativos durante o adestramento ou a competición, terán lugar conductas de desaprobación do/a adestrador/a ou do/a responsable deportivo/a do clube.

Jone.
info@joneojedapsicologa.es