Fin de tempada!

| | ,

Con moita emoción damos por rematada a primeira tempada da historia desta escola de fútbol que non pretende ser nada máis do que xa é. Se a ledicia ten que ver con acadar algo desexado, non podemos estar máis contentos. Amigas pequenas, amigos pequechos, prezadas familias, grazas por confiar en nós cando arrincamos e soamente eramos palabras que soaban ben.

É evidente que a xuventude necesita de espazos para ser, para recoñecerse entre outras persoas. A confianza nos compañeiros para establecer relacións de amizade, o comprender a diversidade, o exercer a hospitalidade cando un novo integrante chega ao grupo, o situar á persoa como elemento central do xogo que nos ocupa e non como medio para elo, a posta en valor do proceso e non do resultado son valores que pretendéronse fomentar ao longo destes meses. Non o teñen moi doado, a presión que se exerce sobre eles promovendo comportamentos que priman o final do camiño, o individualismo e o aparente é forte e constante. Toda a nosa estima para as persoas que están a pasar, pasaron e pasarán polas súas vidas con amor polo educando e respecto por cada persoa que educa.

Por certo, pasámolo moi ben e non se xogou de todo mal, non sí?

Unha aperta de Adrián, Aser, Jorge, Antón, Edgar, Laura, Jesús e álex.

Previous

Xornada de camisetas compartidas

A pontevedresa xa ten casa!

Next

Deja un comentario