Ideas para o confinamento

| |

Esta crise é transitoria, comezou e rematará, e solicítanos unha boa xestión psico-emocional para traspasala da mellor das maneiras. Propoñemos nesta entrada algunhas ideas para o coidado e o benestar familiar durante esta situación excepcional que estamos a vivir. Posiblemente unha mextura delas sexa positiva para as crianzas e a rapazada. Clicando en cada unha das ligazóns en azul iredes ao lugar onde figuran certas posibilidades que nos pareceron adecuadas.

O Aburrimento.
En primeiro lugar, non descartedes o valor do aburrimento como opción de distración, pois é un motor esencial para o imaxinario e a creatividade dos nenos e das nenas.

As emocións.
O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio de Psicoloxía de Galicia vén de publicar o caderno “Retrincos de cores“, un material útil para abordar esta emerxencia sanitaria con nenos e nenas a través do debuxo. Queren facilitarlles o descubrir e coñecer as súas emocións. “Podemos sentir emocións distintas como enfado, alegría, medo ou inseguridade cando aparece algo inesperado. (…) Os que sabemos moito de emocións cremos que debuxar e escribir é o mellor modo de facer que os problemas se fagan cada vez máis pequenos. Así poderemos dominalos. Con este caderno trataremos de axudarvos.”

Cine e televisión.
Sen abuso: convén pactar un límite de tempo. Imos recomendar algunhas pelis que pode que sexan de interese:

  1. Stranger Things. Adolescencia. Sinopse.
  2. Wall•E. Infancia. Sinopse.
  3. Cordas (curtametraxe). Infancia. Sinopse
  4. Kubo e as dúas cordas máxicas. Infancia. Sinopse
  5. A canción do mar. Infancia. Sinopse
  6. E. T. O extraterrestre. Infancia. Sinopse
  7. Meu veciño Totoro. Infancia. Sinopse
  8. Do revés. Infancia. SinopseDescarga.
  9. O vendedor de fume (curtametraxe). Infancia. Sinopse
  10. Máis aló do xardín (dez episodios). Infancia. Sinopse
  11. O clube dos poetas mortos. Adolescencia. Sinopse
  12. A viaxe de Chihiro. Infancia. Sinopse
  13. Coco. Infancia. Sinopse
  14. Big Fish. Adolescencia. Sinopse
  15. O rapaz. Infancia. Adolescencia. Sinopse
  16. Os goonies. Infancia. Adolescencia. Sinopse
  17. Dragon Ball , Z e GT (serie completa). Infancia. Adolescencia. SinopseDescarga. (Arquivo torrent. Se non vos manexades en xestor de descargas, sempre podemos atopar solucións.)
  18. Ducias de pelis de Disney. Infancia. Adolescencia. Descarga.

Temos a disposición esas películas e series para facilitar. Escríbenos e pasarésmochas. Tamén poden ser una boa opción os debuxos animados do Xabarín.

Actividade física.
Facer exercicio físico é altamente recomendable, por tempo de entre 30 e 60 minutos diarios.

Videocontos.
Se tedes pequenos ou pequenas por casa, uns contos en vídeo poden ser unha idea fantástica. Tedes os de Kalandraka. Outra opción estupenda é a dos vídeos do Colectivo NOGA. Outra opción máis son os que están a colgar na canle do Festival Atlántica.

Xogos tradicionáis.
Ligazón.

Títeres.
Ligazón á función completa Como una regadera.

Manualidades.
Pódense tamén facer manualidades, e outro tipo de actividades que fomenten a aprendizaxe a través da acción: papiroflexia, debuxos con distintas técnicas, modelado con plastilina ou arxila, confeccionar pulseiras con abelorios, etc. Compartimos tres opcións de páxinas web onde atoparedes mandalas para darlle cor: ligazón 1, ligazón 2, ligazón 3.

Curiosidades sobre os animáis.
Ligazón aos minidocumentais de cinco minutos.

Bits.
“Os bits son un método didáctico dirixido a crianzas de entre 0 e 6 anos para mellorar a atención, facilitar a concentración e desenvolver e estimular a memoria e a aprendizaxe. A súa metodoloxía baséase en mostrar información visual e auditiva de xeito rápido mediante tarxetas de información e que os nenos e as nenas consigan identificalas e nomealas. Preséntanse os animais e os trebellos máis próximos, os nomes das pezas de vestir, os xoguetes cos que enredamos ou que o osiño co que durmimos é unha peluche é unha boa maneira de comezar a identificar o mundo que nos rodeaen dúas versións: nun arquivo de tarxetas para imprimir, onde se pode reproducir o audio cun lector de códigos QR, e mais en varios arquivos para mostrar en pantalla as imaxes, cun audio asociado para o que só hai que ter instalado no dispositivo o flash de Adobe.”. Partillamos:

Recursos educativos para todas as idades.

  • Aprendemos en casa. En Clan e La 2. A partir do luns 23. Consulta a programación aquí.
  • Aulas galegas. Proxecto levado a cabo por profesores e profesoras galegas.
  • EduClan. Feramenta educativa, de 3 a 10 anos.
  • Asociación socio-pedagóxica galega. Movemento de renovación pedagóxica pioneiro de Galiza e asociación sociocultural.
  • Abalar. Contidos educativos da Consellería de Educación. Contén todo tipo de materiais elaborados por docentes.
  • TVG2. Bloque de programación educativa de luns a vernes na G2.

Lectura.
Por suposto, ler sempre é unha opción marabillosa. Que ocorre con eses libros e contos infantís que levan demasiado tempo no andel sen que ninguén os mire? Se é posible, recomendamos ler en familia, uns a outros, mesmo teatralizar o contido do conto, ou representalo mediante mímica. Tamén podemos convocar asembleas para reflexionar sobre o contido do conto ou responder a preguntas que nos xurdan despois da súa lectura. Outra posibilidade é facerse con libros electrónicos para todas as idades da rede de bibliotecas galegas.

Contacto coa xente por medios tecnolóxicos.
Poden tamén as crianzas e os/as adolescentes, poñerse en contacto, aproveitando os medios tecnolóxicos, con familiares, con amigos e amigas do colexio. E, se fose posible, tamén co mestre/a-titor/a. En situacións de illamento, resulta especialmente importante buscar ocasións para coidar os vínculos afectivos e socializar.

Tarefas do fogar.
A considerar é súa participación nas tarefas do fogar, responsabilizándose sobre todo dos espazos persoais (a súa habitación, os seus xoguetes, a súa roupa, etc.). É especialmente motivante para os nenos e as nenas colaborar na cociña, investigando novas receitas ou limpando os utensilios empregados.

Actividades con balón para pequenos espazos.
Por último, propoñemos por cariño unhas actividades coordinativas con balón para facer en espazos pechados e reducidos.

Previous

A pontevedresa xa ten casa!

A camisola de paseo da escola

Next

Deja un comentario