Mensaxes de vídeo durante o confinamento

Ola, nosa familia da escola. O que nos gustaba cortóusenos de golpe e agora fáltanos ese espazo nun campo de fútbol ou nunha pista da pavillón onde compartir as nosas historias e apertas. Isto é o máis parecido a un encontro que xuntos podemos organizar.

Por aquí verás a Diego, a Iván José, a René, a Omar ou a José que xa se animaron. Por suposto, agardamos que pronto algún máis de o paso e nos conte como estar a pasar estes días e que cousas fai. Tende ánimo coa situación que estamos a vivir que pode con moitas cousas pero non coas gañas de vernos pronto!

O noso Franchino Baresi particular. Apreciámoste moito, Diego.
Tivemos dúbidas entre fichalo a él ou a Franz Beckenbauer. Sorte que escollemos ben. Unha aperta con toda a nosa estima, Iván.
Pois aquí temos a versión mellorada de Kazuyoshi Miura, xogador no que se basou un famoso personaxe de debuxos… Unha aperta xigante, José!
Omar, o Leonardo Nascimento da Pontevedresa. Unha aperta moi forte a un dos nosos veteranos!
O mesmo fai de Roberto Carlos que de Oliver Kahn, de calquera xeito axuda ao equipo. Unha aperta, noso querido René!
Pedrito de Souza Faria. Se tivera que xogar cos cadetes, aí estaría. Unha aperta tan grande coma el.
Tócalle agora ao noso Leonardo Bonucci en potencia. Fixádevos no calendario tan chulo que nos amosa! Unha aperta moi forte, Iván!
Roi, o xogador máis antigo da escola, o noso Aubameyang particular, ten algo para contar. Unha aperta fortísima!
O pequeno Peter Crouch da Pontevedresa. Cando parece que a pelota se escapa, el chega. Unha aperta con moita estima, Alexis!
Amandine Henry e Philipp Lahm. Que faríamos sin eles. Unha aperta para Enma e outra para Sergio!
Jorge e Adrián: a escola percorreu o mundo de norte a sur e non atopou dous mellores educadores.
Edgar, adestrador de porteiros e, polo que vemos no vídeo, multinstrumentista. Chegou por casualidade á escola e vaia sorte tivemos.