Unha botella de plástico tarda uns 500 anos en descomporse. Cada ano, os mares e océanos reciben ata 12 millóns de toneladas de lixo.
Reducir o uso e o impacto que os plásticos teñen sobre os ecosistemas é responsabilidade de todos e de todas.
Iago Abilleira, arquitécto técnico pontevedrés [Nº de colexiado PR821] regala un bidón de aluminio a cada neno ou nena que participe na nosa escola. Estamos moi agradecidos pola súa axuda e tremendamente contentos de poder meter o medio ambiente na escola e a escola no medio ambiente.