Nós

Tres son as preguntas das que fixemos uso para darlle forma a nosa inquedanza formativa e futbolística: dende onde, con quén e para qué. Emerxe a partir de este cuestionamento todo un conxunto de potencias indicativas do rumbo a seguir, que non é outro que a apertura dunha parte do día ao tempo de lecer nun espazo de aprendizaxe radical para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.

Nace así a Escola de Fútbol Pontevedresa como un proxecto que sintetiza unha ilusión colectiva, insumisa e confiante, representando un espazo para o fútbol formativo no que propor unha filosofía coa que ir aos límites do que todavía non sabemos xunto cunhas condicións de aprendizaxe adecuadas e non urxentes. Gustaríanos facilitarlles aos rapaces e rapazas a aprehensión dos conceptos básicos do fútbol ao tempo que fomentemos a construcción dun estado interior en cada un deles e delas no que se movan elementos coma a tolerancia, a solidaridade, o respecto, o xogo limpo, a amizade, o esforzo, a integración, a búsqueda da felicidade compartida… que todas e todos terán que por en relación cos correspondentes desprazamentos internos das súas compañeiras e compañeiros.

Engadimos, pois, a esa actividade central do xogar unha visión máis amplia, promovendo a intervención dos nenos e nenas no ámbito social, en base a unha participación no común na que teñan presenza ideas como a vida sana e o benestar, a igualdade dende a diversidade, a educación inclusiva, o coidado do medio ambiente e a sostibilidade e a capacidade de resolución de conflitos.

Agardamos non defraudar, ainda que non nos presentamos como solucionistas: no noso pensamento está texer redes de confianza cos rapaces e rapazas, e axudarlles a facerse cargo do poder que xa teñen para a construcción por sí mesmos do xogo, da propia vida común e do futuro próximo. Non queremos, aclaramos, edificar persoas de abaixo a arriba, nin desmenuzalas en partes que traballar pois pensamos que o ser que xoga aprende dende o todo hacia a parte, e non ao revés: todo importa e nada é máis importante que nada.

Pretendemos ser coñecemento e non disciplina. A horizontalidade é para nós a característica propia dos procesos de aprendizaxe e este pretende ser o noso modo. Do mesmo modo, os responsables formativos da escola compartiremos as ocupacións e os problemas, os acordos e os desacordos, as ideas e as ilusións de modo solidario.

Somos rúa, somos aula.

Unha aperta.