Qué botas mercar

Para a actividade de fútbol campo, no caso de dúbida, sempre a que teña maior número de tacos e de menor tamaño. Dado que facemos uso tanto entre semana coma os fins de semana de céspede artificial, aconséllase dispoñer ben de botas multitacos (MG), ben de botas cos chamados tacos AG. Calquera das dúas posibilidades poden ser adecuadas ainda que por adestrar e xogar en casa en céspede de última xeneración, de partida parecen óptimas as de tacos AG.

Recomendamos, en todo caso, intentar non basar a elección en asuntos de moda ou polo feito de que a utilice unha ou outra persoa profesional de fútbol, senon na que realmente nos vaia ben.

As botas multitacos (MG) están indicadas para campos tipo moqueta, con desgaste o con pouco mantemento (ver imaxe de seguido). Este tipo de botas teñen unha superficie de descarga do peso alta, aumentando a estabilidade e disminuindo o risco de que a bota quede clavada no céspede. Teñen: múltiples tacos de goma cortos da mesma lonxitude; forma redondeada, helicoidal, triangular ou piramidal; entre 20 e 30 tacos.

As botas de tacos AG están indicadas para campos novos ou con bo mantemento. Aportan tracción, lixereza e comodidade. Tacos de diferente altura en función dos puntos de presión do pe co céspede. Además, estes tacos, son hocos no seu interior para dar maior estabilidad a persoa que xoga e permitirlle facer xiros sen que a bota quede trabada no céspede. Teñen: múltiples tacos de goma curtos de diferente lonxitude; forma redondeada, máis estreitos na punta que na base; entre 13 e 21 tacos.

Para a actividade de fútbol pavillón, botas de fútbol sala.

En deportes Goleada as nenas e os nenos da escola teñen un desconto do 15 % na súa compra de botas.