Bote para alimentos

| |

A asociación O Mirador de Monte Porreiro, entre outras cousas, xestiona un banco de alimentos que da servizo actualmente a 162 familias. O número destas familias ás que están a prestar axuda aumentou preto dun 60% por mor da pandemia que estamos a vivir e as súas consecuencias.

A escola fixo xa unha entrega de alimentos pero non queremos que se trate de algo puntual dado que esa situación de vulnerabilidade das familias persiste. É por iso que pensamos que podería ser boa idea propoñer un bote para mercar outro aporte máis de produtos de alimenación e achegalos a O Mirador.

Lembrade que estamos tanto no Facebook coma no Instagram publicando por aquí e por aló cousas para compartir con vós.

Participar en el bote online

Previous

A camisola de paseo da escola

Deja un comentario