Reportaxe no suplemento Campeones

| |

Así as cousas, a escola botou a rodar. Non están abandoadas ningunha das nosas ideas primexenias do proxecto, pero sí é certo que topámosnos cunha realidade que nos fixo ata día de hoxe gardar intencións no caixón do xa será. A fin de contas, qué presa hai. De momento tratamos de tecer calma, paixón polo xogo máis que polo que parece xogo e non o é, amizade e xeración dun espacio de aprendizaxe do fútbol que non se mida en números.

Os nomes das nenas e dos nenos que pasan tempo xuntos na nosa escola son palabras compartidas a diario por todo o equipo de formadores: que si este rapaz qué ben resolve os problemas do xogo, que si este outro pequeno deixou un dinosaurio no terreo de xogo -a saber con qué intención saltou a xogar o partido con él-, que si un cumpreanos, que si imos por aquí ou por alí nos adestramentos, que si temos problemas con estas situacións nos encontros, ¡ay a froita!, pases, pases, controles, pases. Están todas estas persoas presentes no noso pensamento cada día. Grazas a elas e ás súas familias pola aposta en algo tan novo e tan pequeno.

edf

Imos construindo.

Previous

Curso de Igualdade e Xénero no Deporte

A escola vai ao cine!

Next

Deja un comentario