Facéndote socio/a da escola axudarás non só aportando a cantidade económica da cota. Tamén coa túa opinión. Sendo socio/a terás voz e voto nas asembleas da asociación. Anímate e participa neste proxecto pequeno e ilusionante que achega o fútbol xogo aos aspectos educativos.
Como facer? propoñémoste os camiños que siguen:
- Descarga o documento que atoparás a continuación. Enche os campos resaltados e se dispós de firma dixital xa podes asinalo e enviarnos a túa solicitude de alta de socio/a por correo electrónico.
- Se non dispós de firma dixital, podes imprimilo unha vez cuberto e asinalo de forma manuscrita. Podes entregarnos na man o documento ou escanealo / fotografialo e adxúntalo nun correo electrónico.
- Descarga en branco o documento, encheo de modo manuscrito, asínao e finaliza o proceso do mesmo modo que na situación anterior.
Formulario de Alta de Socio/a.
Email: info@efpontevedresa.com
Ventaxas para as persoas socias:
- Desconto do 15 % en Deportes Goleada.
- Primeira consulta gratuita no avogado Marcos Fernández Delgado.