Solicitud de proba – Condicións RGPD

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: Escola de Fútbol Pontevedresa
Enderezo postal: Rúa Laxiñas 4 (36164 – Pontevedra)
Teléfono: 674103526
E-mail: info@efpontevedresa.com

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

En cumprimento do disposto no Reglamento Europeo 2016/679 General de Protección de Datos, así como en calquera lei nacional que resulte de aplicación, informámoslle de que na Escola de Fútbol Pontevedresa tratamos os datos persoais que nos facilita para as seguintes finalidades:

I. Finalidade de tramitar e xestionar a súa participación (ou a do seu representado legalmente) na actividade Fútbol Base organizada pola propia escola.
II. Exercizo dos seus dereitos e obrigas derivados de tal circunstancia.

Informámoslle de que os seus datos persoais non serán tratados ulteriormente de xeito incompatible coas finalidades indicadas.

 

Canto tempo conservaremos os seus datos persoais?

Os datos proporcionados conservaranse durante a duración da actividade cuxa participación se solicite ou ata o momento no que exerza o seu dereito de supresión e, en todo caso, durante o tempo requirido para o cumprimento das obrigas legais.

 

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?

As bases legais para o tratamento dos seus datos persoais son as seguintes (bases legais vinculadas co apartado 2 anterior, “Finalidades”):

Finalidades I e II: consentimento expreso outorgado á Escola de Fútbol Pontevedresa en relación co servizo solicitado.

 

A que destinatarios se lle comunicarán os seus datos?

A Escola de Fútbol Pontevedresa non comunicará os seus datos agás por obriga legal.

 

Cales son os seus dereitos e como exercitalos?

Ten dereito a obter confirmación sobre se na Escola de Fútbol Pontevedresa estamos tratando datos persoais que lle concernan, ou non. Ten dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para as finalidades que foran recollidas.

En determinadas circunstancias, poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos; nese caso, conservarémolos unicamente para o exercizo ou a defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación persoal, poderá oponerse ao tratamento dos seus datos. A Escola de Fútbol Pontevedresa deixará de tratar os seus datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercizo ou a defensa de posibles reclamacións.

Pode exercer o seu dereito á portabilidade dos datos, así como retirar os consentimentos facilitados en calquer momento, sen afectar á licitude do tratamento basado no consentimento previo á súa retirada. Se desexa exercer calquera dos seus dereitos pode dirixirse a nós enviando unha comunicación escrita a info@efpontevedresa.com, ou ben ao noso enderezo postal: Escola de Fútbol Pontevedresa, Rúa Laxiñas 4 (36164 – Pontevedra). A solicitude do exercizo de calquera dos seus dereitos deberá ir acompañada dunha copia do documento oficial que lle identifique (DNI, NIE, carné de conducir ou pasaporte).

Por último, informámoslle que pode dirixirse ante a Agencia Española de Protección de Datos e demais organismos públicos competentes para calquera reclamación derivada do tratamento dos seus datos persoais.