A equipación propia do clube pode mercarse na tenda Goleada (Rúa Padre Fernando Olmedo, 4 – Baixo), na que a crianza deberá tallarse para encargar a roupa e engadidos. A tenda facilita o pago en dous prazos para toda aquela familia que o desexe.
A roupa coa que xa se conte de cursos pasados sempre será perfectamente válida. Non é necesario sustituila mentras poida ser empregada.
Queremos, tamén, que saibades que a escola non ten nin un solo euro de ganancia nestes asuntos. Soamente nos encargamos de escoller a roupa e de negociar un prezo rebaixado por collela en conxunto.
Que hai que mercar?
Se o alumno ou alumna naceu entre os anos 2016 e 2012, e soamente adestrase, deberá mercar o pack 1. Se tamén participase de competición federada, deberá optar polo pack II.
Se naceu no ano 2011 ou anterior, e solo adestrase, e non participase de competición federada, deberá facerse co pack III. Incluirá o mesmo que no pack I máis unha chaqueta cortaventos impermeable, necesaria para a tempada de inverno. De participar en competición federada, precisarase o pack IV, que comprenderá o pack III máis pantalón e medias de xogo.
Pack 1 [45 €]:
- Camiseta JAKO de adestramento [PVP 19,99 €].
- Pantalón curto JAKO de adestramento [PVP 15,99 €].
- Suadorio JAKO de adestramento [PVP 34,99 €].
- Calcetíns JAKO de adestramento [PVP 9,99 €].
Pack II [57 €] :
- Pack I.
- Pantalón UMBRO de xogo [PVP 8,70 €].
- Medias UMBRO de xogo [PVP 5,80 €].
Pack III [76 €]:
- Pack II.
- Cortaventos JAKO de adestramento [PVP 49,99 €]
Pack IV [88 €]:
- Pack III.
- Pantalón UMBRO de xogo [PVP 8,70 €].
- Medias UMBRO de xogo [PVP 5,80 €].
En azul, os prezos de venta ao público na web oficial da marca (sen engadir serigrafía, escudo nin gastos de envío) e os enlaces correspondentes para observar a roupa e súa composición.