Inscrición

Nesta páxina podes atopar toda a información e documentación necesaria para realizar a inscrición na escola da nena ou do neno.

Queremos transmitir que ningúen será privado de participar na vida da escola por razóns económicas. Farémonos cargo do custo da cota na cuantía que sexa necesaria ante casos de situacións pouco favorables para facer frente o pago.

Toda vez que a dirección deportiva da escola de a aprobación para a inscrición da/o nena/o, recomendamos en primeiro lugar a lectura do seguinte documento de información:

O seguinte paso será entregar os documentos que siguen. Podes cubrilos electrónicamente, asinar  dixitalmente e envialos a info@efpontevedresa.com. No caso de non dispoñer de firma electrónica, podes imprimilos unha vez cubertos, asinalos de modo manuscrito, escanealos/fotografialos e envialos a dirección de correo electrónica indicada. Tamén podes descargar en branco os documentos, cubrilos a man e entregalos a algún dos responsables da escola.

Tamén achegamos, coa súa natureza de opcional, a folla de alta como socio ou socia da nosa escola:

Se queres saber máis sobre o medio de pago seguro que facilita TokApp School, preme aquí.