Gustaríache formar parte da escola? Soamente tes que encher o formulario que aparece máis abaixo e nós manterémoste informada/o.
No presente curso 2019/20, contaremos cos seguintes grupos:
- Preiniciación (biberóns): persoas nacidas en 2014, 2015 e 2016. Dous días por semana en pavillón, por tempo de 1 hora.
- Iniciación (prebenxamíns): persoas nacidas en 2012 e 2013. Un día por semana en pavillón, outro en campo de fútbol, por tempo de 1 hora e 30 minutos. As persoas de este grupo que estén preparadas, participarán si o desexan na competición de fútbol 5 benxamín ano e, se cabe para a coordinación da escola, podería incluso darse o caso de participar na competición fútbol 8 benxamín.
- Formación (benxamíns): persoas nacidas en 2010 e 2011. A maior parte das persoas desta idade, dous días por semana, en campo de fútbol, por tempo de 1 hora e 30 minutos. Aquelas persoas de menor idade e onde se considere oportuno, poderían adestrar un día en campo de fútbol e outro en pavillón, tamén por tempo de 1 hora e 30 minutos. Participaría este grupo en competición de fútbol 5 benxamín e de fútbol 8 benxamín.
- Precompetición (alevíns): persoas nacidas no 2008 e 2009. Un día por semana en pavillón, outro en campo de fútbol, por tempo de 1 hora e 30 minutos. Participarán os fines de semana na competición de fútbol 5 infantil.
- Competición (infantís): persoas nacidas no 2006 e 2007. Un día por semana en pavillón, outro en campo de fútbol, por tempo de 1 hora e 30 minutos. Participarán os fines de semana na competición de fútbol 5 infantil.
- Correo electrónico: info@efpontevedresa.com
- Teléfono: 660 41 09 27 (Álex)
- Facebook: https://www.facebook.com/efpontevedresa
- Twitter: https://www.twitter.com/efpontevedresa
- Instagram: @efpontevedresa
- TokApp: https://tokapp.com/suscripciones/escola-de-f%ef%bf%bdtbol-pontevedresa/932945/